EL "TEATRO ALDEANO" DA BIBLIOTECA POPULAR CIRCULANTE DE CASTROPOL (1929-1934). HISTORIA, ESTUDIO Y EDICIÓN DAS OBRAS
Xosé Miguel Suárez Fernández
A
primeiros da década dos anos trenta del siglo XX, a Bliblioteca Popular
Circulante de Castripol (BPCC) vivíu úa esperiencia teatral basada nos
títeres, nas farsas, nos entremeses y na tradición folclórica. Nesas
actividades, el uso da lingua propia da terra, el galego-asturiano, tuvo
úa importancia fundamental. Da mao dos irmaos Manolo y Paco Marinero, y
del labor anónimo d'outros colaboradores da BPCC, axeitáronse y
escribíronse obras pra representar en guiñol ou con actores reales.
El "Teatro Aldeano" da Biblioteca Popular Circulante de Castripol (1929-1934)
vén a destacar a vinculación estética y ideolóxica del labor d'esta
institución del occidente asturiano con outras iniciativas aparecidas
que se deron en España naquelos anos da República, al tempo que recupera
us testos inéditos que supóin úa sorpresa prá historia del teatro en
Asturias.
Pr'axudar
a poñer nel sou contexto el teatro da BPCC, faise un recorrido pola
historia d'esta iniciativa bibliotecaria y dos sous protagonistas,
estúdiase el actitú ante a lingua propia das minorías intelectuales del
estremo occidental d´Asturias y dáse noticia del teatro feito en
galego-asturiano antias d'esos anos.
El análisis de cada úa das nove pezas teatrales recuperadas -Noche aldeana, Xan da Xata, Los tres ciegos, Os chirlosmirlos, A empanada y tarta, Xan Cabrito (pra Currillos), Xan Cabrito (pra Teatro Aldeano), La moza coqueta y El Tostador-,
dá paso á segunda parte d'este libro, a edición das obras, que manexóu
sempre el criterio d'axugar el interés histórico col divulgativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario